Tuesday 30 de April de 2024

Lara López, continúa a súa fazaña internacional


Grande actuación da socorrista ordense Lara López en Sudáfrica (Durban), onde se está a disputar a Internacional Surf Rescue. A socorrista ordense por referencia continúa colleitando éxitos e recollendo medallas no eido internacional. Nesta ocasión como integrante da selección española absoluta Lara López acadou nas últimas horas o terceiro posto na proba de bandeiras absoluta e en relevo sprint.